Thursday 19 de September de 2024

Melendi ofrecerá un terceiro concerto na Coruña, batendo o récord de actuacións consecutivas no Coliseum


As entradas para o domingo 5 de novembro sairán á venda o luns, 25 de setembro, ás 12.00 horas

Melendi converterase no primeiro artista en actuar tres días consecutivos no Coliseum ao anunciar unha terceira data para o domingo 5 de novembro, tras esgotar todas as entradas para o venres 3 e sábado 4. O artista asturiano confirma o seu éxito na cidade, na que tamén participou no festival Morriña Fest. Desta vez, traerá o seu espectáculo ’20 años sin noticias’, no que repasa os grande éxitos da súa carreira.

As entradas para esta actuación do 5 de novembro sairán á venda o luns, 25 de setembro, a través de Ataquilla, Enterticket e na billeteira da praza de Ourense, a partir das 12.00 horas.
O Concello quere, deste xeito, atender a alta demanda de entradas por parte dos seguidores e seguidoras de Melendi.

A alta demanda de entradas para o concerto pon de manifesto a calidade e variedade da programación cultural e musical da cidade deseñada polo Goberno de Inés Rey. Unha gran parte das citas musicais que contan co apoio do Concello da Coruña e que foron programadas ao longo deste ano esgotaron as súas entradas, amosando o éxito da planificación cultural municipal.